Gavin O’Connor dirixirá Suicide Squad 2

1083

A Warner Bros. Pictures e mais DC Comics decidiron elixir ao director de Warrior e The Accountant, Gavin O’Connor, para que se encargue da secuela de Suicide Squad.

A decisión, que se deu a coñecer esta semana, remata cunha longa procura para substituír ao director da primeira entrega, David Ayer, quen tivo que abandoar o proxecto para se adicar ao spin-off Gotham City Sirens.

Agárda-se que Will Smith, Margot Robbie e Jared Leto regresen nesta segunda parte aos mesmos papéis neste filme de super-falcatruáns da DC que acadou unha recadación de 745 millóns de dólares en todo o mundo.

Tal e coma se informara previamente, John Requa e Glenn Ficarra están tamén encargados de dirixir outro spin-off, o protagonizado polo Joker (Leto) e mais a súa namorada Harley Quinn (Robbie).