O Tesouro de Ali Babá volve ao cinema

1091

O director neocelandés Martin Campbell, de quen non tiñamos novas dende o fiasco de Green Lantern, será quen se poña tras as cámaras no vindeiro filme Treasure of Ali Baba & The 40 Thieves, unha nova versión do clásico conto árabe das Mil e Unha Noites.

A história vai sobre un novelista aventureiro atrapado nunha conspiración global e na procura dunha misteriosa antigüidade após de descubrir que seu pai tiña un mapa da localización do lendário tesouro de Ali Babá.

O protagonista deberá aliar-se cun brillante cartógrafo para atoparen os artefactos antes de que caian nas mans dos Corenta Ladróns, un antigo grupo que pouco a pouco converteu-se nun poderoso sindicato internacional de criminosos agochos en postos de grande importáncia en empresas de todo o mundo.

Dave Holstein escribiu o guión mais recente deste proxecto, que conta con Ehud Bleiberg, Danny Dimbort e Nicholas Donnermeyer na produción.