Trevorrow fóra de Star Wars: Episode IX

753

Nun breve comunicado dado a coñecer no sítio Web oficial de Star Wars, revelou-se que o director Colin Trevorrow abandoa o proxecto do Episódio IX da saga cinematográfica da Lucasfilm e a Disney Pictures.

O comunicado di simplemente:

A Lucasfilm e Colin Trevorrow veñen de decidir conxuntamente rematar a súa relación en Star Wars: Episode IX. Colin foi un marabilloso colaborador en todo o proceso de desenvolvemento, pero chegamos á conclusión de que as nosas visións do proxecto difiren. Desexamos a Colin o millor e axiña compartiremos mais información sobre a película“.

A contratación de Trevorrow foi sempre controvertida entre os fans, despois de que o seu filme Jurassic World resultase un éxito no despacho de billetes pero fora recebido con críticas pouco positivas. O mais recente filme de Trevorrow, The Book of Henry, foi directamente un fracaso.

Fontes internas aseguran que os problemas co guión continuaron a ser numerosos durante o desenvolvemento do filme, mália que Trevorrow entregou moitos bocetos distintos. O mes pasado contrataron ao prestixioso escritor inglés Jack Thorne para se encargar do guión.

Estas novas chegan pouco despois de que en xuño despediran a Phil Lord e Chris Miller do filme de Han Solo. A parella foi axiña substituída por Ron Howard, quen xa arestora se está a encargar de rematar o traballo en Londres.

O Episódio IX ten aínda prevista a estrea para o 24 de maio de 2019.