Dracul, a precuela de Drácula

0
48

A Paramount Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema Dracul, a primeira precuela do clásico Dracula que é autorizada polos herdeiros do escritor Bram Stoker.

Escrita por Dacre Stoker e J.D. Barker, a novela está ambientada en 1868 e narra as aventuras do xove Bram Stoker, quen aos seus 21 anos atopa un espírito maléfico ao que atrapa nunha antiga torre mentres escribe os acontecementos que o levaron até alí.

O proxecto conta coa posibilidade de ser dirixido polo responsábel da recente IT, Andy Muschietti, dentro duns anos, con Barbara Muschietti e mais Roy Lee tamén a bordo coma produtores.