O anime Robotech chegará ao cinema

0
62

O co-guionista de Wonder Woman Jason Fuchs será o encargado de escribir Robotech para a Sony Pictures, o vindeiro filme baseado na série de debuxos animados xaponesa dos anos 80 que dirixirá o responsábel de IT, o uruguáio Andy Muschietti, despois de rematar IT: Chapter Two.

A série reeditou e reescribiu o diálogo de tres animes xaponeses nunha soa épica de ciéncia-ficción ambientada nunha era na que a Terra desenvolveu robots xigantes grazas á tecnoloxía álien rescatada.

Após de fuxir de tres vagas sucesivas de invasións extra-terrestres que comezaron cunha raza de guerreiros xigantes tentando facer-se coa enerxía da Terra, dependerá de dous xoves pilotos salvar o mundo.

Barbara Muschietti, Gianni Nunnari e Mark Canton serán os produtores.