Deixade que os nenos se acheguen a min

0
44

O guionista e director Sean Carter (Keep Watching) será o encargado de adaptar ao cinema o conto de Stephen King Suffer the Little Children, que contará coa produción de Craig Flores, Nicolas Chartier e Sriram Das.

A longametraxe será un thriller sobrenatural baseado nun conto que aparece no libro antolóxico Nightmares & Dreamscapes, e vai sobre unha profesora de educación primária recentemente divorciada que nota uns relustros de textura estraña reptando baixo a pel dos nenos da súa clase.

Ao mesmo tempo hai un terríbel segredo conspiratório no xeito que os nenos xogan xuntos e na maneira en que moita xente da vila comeza a morrer misteriosamente. O produtor Flores está asemade vencellado á adaptación co cinema doutra obra de King, neste caso a novela Rose Madder actualmente en desenvolvemento.