J.J. Abrams produce o teu nome

0
48

O guionista de Arrival Eric Heisserer ven de ser contratado para que escriba unha adaptación ao inglés da exitosa longametraxe de debuxos animados Kimi no Na wa (en galego, “O teu nome”) que producirán a Paramount Pictures e mais a Bad Robot de J.J. Abrams.

A longametraxe, que será con actores de carne e óso, é unha história de amor e ciéncia-ficción centrada nunha parella de adolescentes de distintos puntos de Xapón, separados non só no espazo senón tamén no tempo, e que descobren que poden intercambiar-se os corpos.

Pero cando un cometa ameace con caer nunha das súas vilas, deberán atopar un xeito de evitar que iso suceda.

Makoto Shinkai escribiu e dirixiu o filme orixinal, que é o anime de maior éxito da história do Xapón a nivel internacional. Polo de agora leva recadados mais de 360 millóns de dólares.

Abrams, Genki Kawamura e Lindsey Weber serán os produtores deste remake.