Scanners de Cronenberg será unha série de TV

0
48

A Media Res e mais Bron Studios veñen de lle gañar á Lionsgate, á Paramount e mais á Skydance para se facer cos dereitos do clásico thriller de ciéncia-ficción Scanners que David Cronenberg dirixiu en 1981, e xa planean adapta-lo a unha série de televisión.

Escrita e dirixida por Cronenberg, a história orixinal ía sobre unha rede de clandestina de xente que naceu con poderes telequinéticos e que viven ocultos da sociedade que está a ser perseguida polas forzas que os crearon.

O plan é desenvolver a série e empaqueta-la coa axuda dun realizador de primeiro nivel de tal xeito que poidan vende-la a algunha canle de pago. Michael Ellenberg, Aaron L. Gilbert, Danielle Reardon, Clark Peterson, Rene Malo, Fanny-Laure Malo e Pierre David son os produtores executivos.