Sandberg converte N en 8

0
53

O responsábel de Annabelle: Creation David F. Sandberg foi recrutado para se encargar de dirixir e de ser o produtor executivo do episódio piloto de 8, unha nova série de televisión que adaptará a novela curta de Stephen King N, escrita en 2008 coma parte da escolma Just After Sunset.

A Gaumont Television e mais 3 Arts Entertainment producirán o proxecto, que está ambientado en Maine, nun lugar onde un grupo de oito impoñentes pedras contén un antigo e terríbel segredo que pode facer que os visitantes toleen. No verán de 1992, tres adolescentes conseguen fuxir da malvada forza, á que deberán enfrontar-se unha vez mais 25 anos mais tarde.

A obra xa conta cunha versión anterior de 2010, neste caso en formato cómic, xa que foi publicada pola Marvel nunha minisérie de 4 números escrita por Marc Guggenheim e con debuxo de Alex Maleev.

Os guionistas de Ant-Man And The Wasp Andrew Barrer e Gabe Ferrari están a escribir o proxectoe serán ademais os produtores executivos xunto a Lotta Losten e Erwin Stoff.