Os Fillos do Tempo

0
58

O autor Colby Day ven de ser contratado para escribir a adaptación ao cinema dunha das millores novelas de ciéncia-ficción dos últimos tempos, a épica de Adrian Tchaikovsky Children of Time para a Lionsgate.

A história está ambientada nun planeta habitado por arañas evolucionadas traídas por científicos humáns, e que son mais tarde descubertas polos derradeiros humáns vivos no universo.

O libro fai un duro contraste entre o desenvolvemento da civilizada sociedade das arañas e mais os bárbaros descendentes da tripulación da nave espacial dos derradeiros humáns.

Este é o primeiro grande encargo que recibe Day, quen xa se atopa traballando no guión doutro drama de ciéncia-ficción, In the Blink of an Eye.