Hilary Swank pása-se á ciéncia-ficción

692

A dobre gañadora do Oscar Hilary Swank será a protagonista do filme no que debuta o realizador australián Grant Sputore, o thriller de ciéncia-ficción I Am Mother que producen a Southern Lights Films e mais a Penguin Empire.

Michael Lloyd Green escribiu o guión que vai sobre unha rapaza adolescente (Clara Rugaard) criada baixo terra por unha nai robot deseñada para repovoar a Terra despois de que acontecera un evento catastrófico. A ligazón entre nai e filla ficará ameazada cando a rapaza acolla a unha estraña pingando de sangue (Swank), e descubra que non se leva nada ben coa súa nai robótica.

En pouco tempo a estraña crea dúbidas sobre o que di a nai de que o mundo exterior é moi perigoso e desenguedella a eséncia da relación familiar. Sen saber en quen confiar, a rapaza comeza a sospeitar da natureza da súa nai e descubre a verdade da súa auténtica misión.

Swank, que comezou a súa carreira cun pequeno papel no filme Buffy the Vampire Slayer (1992) non aparecía nun filme de ciéncia-ficción dende 2003 cando protagonizou The Core.

Luke Hawker e Tahlia Sturzaker son os outros protagonistas deste proxecto, que conta coa produción de Kelvin Munro e Timothy White.