O Xefe Mestre, secundário

0
233

Halo IIIMaster Chief, o Xefe Mestre, protagonista das tres entregas de Halo, a exitosa saga de videoxogos para Xbox, non será o protagonista do filme inspirado nas súas aventuras. Segundo explicou Joseph Staten, directivo da Bungie (os estudos que desenvolven o xogo), o seu papel será máis ben o dun secundário.

Nunha recente entrevista, Staten revelou que o Xefe Mestre sempre leva o rosto cuberto, e ainda que pode comunicar certas emocións coa sua linguaxe corporal, non sería doado levar o peso de toda unha película sen amosar o rosto.

Na película, os outros persoaxes farán comentários sobre o anonimato do Xefe Mestre e este convírte-se nunha boa fonte de mistério“, comentou, pero non será o protagonista.

Na versión final do guión do filme, segundo desvelou Staten, o Xefe Mestre ten un papel fundamental, pero haberá outros persoaxes con rosto humano visíbel que leven o peso da história.

Segue sen se coñecer en todo caso o motivo do atraso na publicación da película, que nun princípio estaba prevista para este ano. Neill Blomkamp, que fora elixido como director, sinalou que nalgunha ocasión que o proxecto estaba morto, pero o produtor executivo, Peter Jackson, afirma que sairá adiante.

Nun primeiro intre agardába-se que a chegada ás pantallas deste filme fose contra o ano 2009. A produción de Halo está supervisada por Microsoft.