Os Novos Titáns xa teñen director

1044

O responsábel de The Machinist e Transsiberian, Brad Anderson, será o encargado de dirixir o episódio piloto da nova série de televisión con actores reais Titans, baseada na franquía da DC Comics dos Teen Titans.

A nova foi anunciada pola asociación de directores canadianos en Ontario. Anderson xa dirixira vários episódios piloto na súa carreira, incluíndo os de séries coma Frequency, The Brave e Forever, e conta con moita experiéncia coma director de televisión ao longo dos últimos anos, por exemplo en The Man in the High Castle, Person of Interest e nada menos ca doce episódios de Fringe.

De saír adiante, a série contará con trece episódios protagonizados por Brenton Thwaites coma Dick Grayson, Teagan Croft no papel de Raven, Alan Ritchson e Minka Kelly coma Hawk e Dove, e Lindsey Gort facendo da Detective Amy Rohrbach. Ten prevista a estrea para o ano que ven nunha nova canle propiedade da DC e que emitirá en streaming.