A Torre Escura da tele será un relanzamento

0
49

A adaptación ao cinema da Sony das novelas de Stephen King da saga The Dark Tower xerou unha espécie de western fantástico que non só foi vapuleado pola crítica senón que fracasou nos despachos de billetes. En forte contraste co grande éxito de IT un mes mais tarde, The Dark Tower non pasou de ser un filme mais, recadando 112 millóns de dólares en todo o mundo a partir dun orzamento de 60.

Mália esta decepción, a ideia de facer unha série de televisión baseada na saga aínda está sobre a mesa. A primeiros deste ano o director do filme, Nikolaj Arcel, estaba a escribir o guión dun episódio piloto e dixera que o filme e mais a série de televisión serían parte do mesmo universo narrativo. Nombergantes, seica ese xa non é o caso porque o mesmo King dixo nunha entrevista que a adaptación á tele será un relanzamento dende o início:

O meirande desafío era facer un filme baseado nunha série de libros que é realmente longa, unhas 3.000 páxinas. A outra parte diso era facer unha adaptación para maiores de 13 anos duns libros que son estremadamente violentos e tratan co comportamento violento dun xeito moi gráfico.

Iso era algo que había que superar, ainda que teño que dicir que eu coido que o guionista Akiva Goldsman fixo un gran traballo ao coller unha parte central do libro e converte-lo nunha película bastante boa. A série de televisión que están a desenvolver agora… xa veremos o que sae diso. Sería un relanzamento completo, así que temos que ver“.

O showrunner de The Walking Dead Glen Mazzara foi contratado para supervisar a série, que aínda non conta con datas de produción ou estrea.