Michael Bay e mais os seus parceiros da Platinum Dunes, Andrew Form e Brad Fuller, producirán un filme con acción real que adaptará á pantalla grande a popular série para nenos de debuxos animados da Nickelodeon Dora the Explorer para a Paramount Pictures.
Nick Stoller (Neighbors, The Muppets) traballará no guión para o proxecto, que xa leva en activo uns poucos anos. Segundo os últimos informes, Tom Wheeler (Puss in Boots) estaba a escribir o guión.
A história vai sobre Dora, que xa non será unha nena latina de sete anos coma na série da tele, senón unha adolescente que se muda á cidade canda seu curmán Diego.
A série da televisión foi traducido e emitido en médio mundo, producindo “merchandising” que vai dende pezas de Lego a videoxogos e mesmo obras de teatro. Polo momento non hai datas de estrea do filme, pero fála-se dun lanzamento ao redor do ano 2019.