Drew Goddard leva Nevermoor ao cinema

0
53

A 20th Century Fox contratou ao guionista de The Martian, Drew Goddard, para que adapte e produza a vindeira novela de Jessica Townsend Nevermoor: The Trials of Morrigan Crow nunha longametraxe fantástica.

A história vai sobre Morrigan Crow, unha rapaza nacida en Eventide, o día menos afortunado do ano, o que a leva a ser considerada culpábel de todo tipo de desgrazas que acontecen na súa vila. Ademais está condeada a morrer á medianoite do seu undécimo aniversário.

Pero daquela, un home misterioso chamado Jupiter North cólle-a e léva-a unha cidade máxica e secreta chamada Nevermoor, onde deberá competir en catro probas difíciles e perigosas contra centos doutros nenos, se é que quere ficar alí.

Goddard tamén recebiu o encargo de dirixir e escribir X-Force, o vindeiro spin-off dos X-Men. Simon Kinberg, Ryan Reynolds e Lauren Shuler Donner serán os produtores.