Youtube Red fai-se con Origin

959

A YouTube ven de anunciar oficialmente que se fixo cos dereitos da série Origin, unha série de televisión que é un thriller de ciéncia-ficción da Left Bank Pictures dividido en dez episódios. A produtora, que conta con proprietários americanos, chineses e ingleses, debutará con esta série no servizo de suscrición YouTube Red en 2018.

Na série, un grupo de estraños encóntra-se abandoado nunha nave espacial que se dirixe a un planeta distante, pero axiña decátan-se de que ún dos pasaxeiros non é quen di ser.

O proxecto foi creado, escrito e producido por Mika Watkins (Troy: Fall of a City) mentres ca Andy Harries, Rob Bullock, Suzanne Mackie, Josh Appelbaum, André Nemec, Jeff Pinkner e Scott Rosenberg son os produtores executivos.