Tom Hanks, creador de robots

1284

Tom Hanks será o protagonista do filme de ciéncia-ficción Bios, a partir dunha ideia orixinal do debutante Craig Luck. Vários estudos, entre os que se inclúen a Legendary, a Warner Bros. Pictures e mais Studio 8 están a negociar a súa produción.

A história vai sobre un robot que vive nunha Terra post-apocalíptica. Construído para protexer a vida do can do seu creador, aprenderá sobre a vida, o amor, a amizade e mais o sinificado da vida humán.

Hanks interpretará ao creador. Miguel Sapochnik (Game of Thrones) é o director, mentres ca Kevin Misher (Public Enemies) e Ivor Powell (Blade Runner) serán os produtores. A rodaxe comezará a primeiros de 2018.