O remake de Pet Sematary atopa directores

0
51

Os directores de Starry Eyes Kevin Kolsch e Dennis Widmyer serán con case total probabilidade os encargados de facer o remake de Pet Sematary para a Paramount PIctures.

O guionista de 1408 Matthew Greenberg foi contratado para escribir esta nova adaptación da clásica obra de Stephen King sobre unha família que ven de se mudar a unha pequena vila de Maine nunha casa preto dunha autoestrada pola que circulan camións a toda velocidade.

Non lonxe dalí hai un cemitério de mascotas e un pouco mais aló un antigo lugar de soterrameto índio que seica pode resucitar aos que son enterrados nese chan, se ben os que regresan non-o fan en condicións normais. Cando o fillo pequeno da família morra nun accidente de tráfico, o pai deberá decidir se usar ese poder, a costa de sacrificar outras vidas e mais a súa própria saúde mental.

A Paramount adaptara previamente a novela ao cinema en 1989 nun filme que protagonizaran Dale Midkiff, Denise Crosby e Fred Gwynne. Lorenzo di Bonaventura e Steven Schneider producirán a nova versión.