Zachary Levi é o Capitán Marvel

0
57

O protagonista de Chuck e membro do grupo dos Tres Guerreiros dos filmes de Thor, o actor Zachary Levi, ven de se facer co papel principal da vindeira adaptación ao cinema do persoaxe dos cómics da DC Shazam! que prepara a New Line.

A história vai sobre un neno chamado Billy Batson, quen pode transformar-se no Capitán Marvel, un superheroe adulto (Levi), tan só decindo a palabra máxica “Shazam”. O nome é un acrónimo dos deuses e figuras mitolóxicas do mundo antigo Salomón, Hércules, Atlas, Zeus, Aquiles e Mercúrio.

David F. Sandberg será o director a partir dun guión de Henry Gayden e Darren Lemke. Sandberg e Peter Safran son os produtores e o proxecto ten previsto o comezo da rodaxe en febreiro en Toronto, coa ideia de estrear ao longo de 2019.

Tal e coma informára-mos anteriormente, o filme desenvolverá-se ao mesmo tempo ca outro no que o protagonista é Adam Black, a quen interpretará Dwayne Johnson e que é un vilán para o capitán Marvel. Johnson de todos os xeitos non aparecerá en Shazam!.