O Libro da Visión róda-se en Bélxica

0
44

O actor inglés Charles Dance (Tywin Lannister en Game of Thrones), a actriz holandesa Lotte Verbeek (Outlander, The Blacklist) e mais o sueco Sverrir Gudnason (Borg/McEnroe) serán os cabezas de cartel no filme de mistério e fantasía The Book of Vision.

A história vai sobre unha xove médica italiana chamada Eva (Verbeek) quen, mentres estuda a história da Medicina no Instituto Nacional da Saúde en Maryland, descobre un texto do século XVIIII sobre un médico prusiano (Dance) que agocha un mistério.

Dance tamén interpretará ao médico de Eva no tempo presente, mentres ca Gudnason é o seu titor na investigación. Filippo Nigro e mais Isolda Dychauk son os outros membros deste reparto internacional xa confirmados nun filme que dirixe Carlo Hintermann e no que Terrence Malick será o produtor executivo. A rodaxe comezará a semana que ven en Bélxica.