Twilight Zone regresa á televisión

0
47

A CBS ven de anunciar os seus plans para revivir a clásica série de ciéncia-ficción antolóxica Twilight Zone para emiti-la na súa canle de streaming CBS All Access, a mesma que está xa a emitir Star Trek: Discovery en Norteamérica.

A compañía do director de Get Out Jordan Peele, a Monkeypaw, será a produtora desta nova etapa televisiva, na que tamén participará o produtor de Marvel’s The Defenders Marco Ramirez, escribindo os guións e traballando coma showrunner.

O xefe da CBS, Leslie Moonves, fixo o anúncio oficial onte sobre o regreso dunha série creada nos anos 50 polo mítico Rod Serling e que foi emitida ao longo de cinco tempadas (dende 1959 a 1964) pola devandita canle. O programa xerou moitas histórias clásicas que se converteron por dereito própio en clásicos de seu e entraron no imaxinário colectivo dunha xeración, coma To Serve Man ou Nightmare at 20,000 Feet.