A Amazon planea levar ao Señor dos Anéis á tele

989

A Warner Bros. Television e mais os herdeiros de J.R.R. Tolkien están a manter negociacións coa Amazon Studios para desenvolveren unha nova série de televisión baseada nas clásicas novelas do autor de O Señor dos Anéis. Algunhas fontes mesmo suxiren que o presidente e dono da Amazon, o millonário Jeff Bezos, está vencellado persoalmente nas negociacións, que polo de agora están só nos primeiros chanzos.

A Warners e mais os herdeiros de Tolkien levaban xa algún tempo tentando vender a ideia dunha adaptación dos seus libros, pero só hai uns días a Amazon xurdiu coma máxima favorita para se facer cos dereitos. O acordo de todos os xeitos chega nun intre complicado para a Amazon, que no mes pasado tivo que facer un axuste de persoal entre os executivos da súa división de televisión, incluíndo a tres dos mais importantes.

Nombergantes o acordo tamén entra dentro do novo mandato da división de facer cousas mais salientábeis e comezar a pensar en grande, con intencións de se expandir no mercado internacional. Pola súa banda, a Warners e mais os heredeiros de Tolkien chegaron a un acordo xudicial despois dunha demanda millonária polos seus dereitos, e agora seica queren colaborar conxuntamente de novo.