A Millennium Media está disposta a financiar e producir Red Sonja, unha nova longametraxe que adaptará á pantalla grande a emblemática heroína creada por Robert E. Howard, o autor de Conan.
O proxecto está xa moi adiantado e nestes intres está á procura dun guionista que se encargue de adaptar o persoaxe que xa levara aos comics a Marvel aló polos anos 70. A propriedade foi ademais levada ao cinema en 1985 nun filme que protagonizou Brigitte Nielsen, coa compañía de Arnold Schwarzenegger.
Esta nova versión será distinta, con novas histórias e persoaxes. Avi Lerner, Joe Gatta, Mark Canton e Courtney Solomon serán os produtores.