Del Toro producirá os Contos de Arcádia

968

Guillermo del Toro continúa a espallar o seu universo fantástico na Netflix, e así confirmou que non só haberá segunda tempada da série de debuxos animados Trollhunters, senón que esta é a primeira série dunha triloxía ambientada no mesmo universo, Tales of Arcadia (os Contos de Arcádia).

As tres séries están ou estarán ambientadas na fictícia vila de Arcadia, un lugar que semella do mais normal pero que é o centro dunhas liñas máxicas e místicas que a fan axeitada para nela viviren creaturas fantásticas coma trolls, aliens e meigos. A segunda tempada de Trollhunters será continuada cunha nova série titulada 3 Below en 2018 e logo por Wizards en 2019.

A série 3 Below vai ir sobre dous áliens adolescentes pertencentes a unha família real e mais o seu gardacostas, que fuxen dun golpe de Estado no seu planeta, agora baixo o control dun malvado ditador. Mentres fuxen dos cazadores de recompensas intergalácticos, estrelan-se en Arcadia e alí tentarán adaptar-se ao estraño mundo dos coléxios e institutos, todo mentres tentan reparar a súa nave.

Pola súa banda, Wizards unirá os mundos dos trolls, os aliens e mais os meigos que se agochan en Arcadia. Esta terceira parte presentará unha batalla apocalíptica polo control da máxia, unha batalla que determinará o destino dos moitos mundos sobrenaturáis creados ao longo da triloxía.

A segunda tempada de Trollhunters estréa-se na Netflix o vindeiro 15 de decembro e está protagonizado polas voces de Anton Yelchin, Kelsey Grammer, Ron Perlman, Steven Yeun, Anjelica Huston, Mark Hamill e Lena Headey.