A Sony fará un filme con Morbius

0
40

A Sony Pictures comezou o desenvolvemento de Morbius, unha longametraxe baseada no antiheroe de Spiderman Morbius o Vampiro Vivinte. os guionistas de Power Rangers e Dracula Untold Burk Sharpless e Matt Sazama escribiron o libreto deste filme, que foi enviado aos estudos despois dun proceso de desenvolvemento que se levou a cabo en segredo.

Creado por Roy Thomas e Gil Kane, Morbius é nos cómics o doutor Michael Morbius, un científico que sofreu unha estraña enfermidade do sangue e que tentou curar-se a si mesmo pero no seu lugar resultou contaxiado cunha forma de vampirismo. Co tempo converteu-se nunha figura heroica de seu.

O persoaxe apareceu por primeira vez no número 101 de Amazing Spider-Man, no que fora o primeiro número non escrito polo seu co-creador Stan Lee. Polo de agora non se coñecen os detalles da versión que terá o persoaxe, pero as novas chegan xusto depois de sabermos que o filme Venom (actualmente en rodaxe) e mais o vindeiro Silver & Black non están conectados ao Universo Cinemático Marvel.

Sharpless e Sazama son ademais os showrunners do relanzamento de Lost in Space que debutará na Netflix o ano que ven.

Deixar unha resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here