A 20th Century Fox está a desenvolver un filme baseado no persoaxe da Marvel Comics Multiple Man que contará con James Franco coma protagonista.
O co-guionista de Wonder Woman Allan Heinberg escribirá o guión mentres que Simon Kinberg producirá a través dos seus selos Genre Films e Ramona Films.
O persoaxe, que é parte do universo dos X-Men, é un mutante chamado Jamie Madrox que ten o poder de se duplicar a si mesmo. Madrox múda-se a unha afastada granxa e coa axuda dun uniforme especial deseñado polo profesor Xavier para controlar os seus poderes, tenta vivir pacificamente até que un fallo no seu traxe fai que comece a se volver tolo.
As súas habilidades para se clonar levan a Madrox a ter vários choques e colaboracións coa Patrulla X e cos Catro Fantásticos. O persoaxe fora interpretado anteriormente por Eric Dane nun pequeno papel en X-Men: The Last Stand.