O fillo de Tolkien abandoa a herdanza

0
64

Mália o seu éxito comercial e de crítica, hai un home que non está satisfeito coas versións para o cinema que fixo o realizador Peter Jackson sobre os mundos de J.R.R. Tolkien do Señor dos Anéis: o fillo do autor, Christopher Tolkien.

O fillo mais novo de Tolkien criticou duramente as adaptacións e coma xestor da herdanza de seu pai e protector do seu legado, foi o principal responsábel de que non se levasen a cabo mais adaptacións ao cinema das histórias da Terra Média.

Agora, xa con 93 anos cumpridos, Christopher Tolkien ven de renunciar ao posto de xestor da herdanza após de publicar o libro Beren and Luthien, que el considera o seu “derradeiro libro na longa série de edicións de escritos de seu pai“.

Coa súa marcha, que de feito tivo lugar en agosto pero que se fixo pública a semana pasada, será moito máis probábel a creación de novas adaptacións ao cinema e á televisión dos lendários mundos de fantasía de seu pai. Isto explicaría, por exemplo, o recente anúncio da Amazon de producir por 250 millóns de dólares unha série precuela do Señor dos Anéis.

A filla de Tolkien, Priscilla Tolkien, de 88 anos, así coma vários dos seus netos, son aínda membros do consello da herdanza e semellan xa decididos a aceptar abertamente mais acordos cos estudos de cinema e televisión. Isto podería sinificar que mesmo obras até agora fóra dos límites de acordos, coma The Silmarillion, poderían chegar á tele.

Deixar unha resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here