Justice Smith no Detective Pikachu

0
30

O actor de The Get Down e Paper Towns Justice Smith será un dos protagonistas de Detective Pikachu, o primeiro filme con acción real baseado nos persoaxes de Pokémon, que producirán conxuntamente a Legendary, a Toho e mais a Universal Pictures.

Dada a coñecer por primeira vez en Xapón en 1996, a série de Pokémon leva xa mais de 279 millóns de videoxogos vendidos en todo mundo, 21.500 millóns de cartas coleccionábeis e unha série de debuxos animados que xa dura mais de 20 tempadas. Esta versión presentará a un novo persoaxe e unha nova liña de histórias no universo Pokémon.

O director de Goosebumps Rob Letterman será o responsábel do filme, baseado nun guión de Nicole Perlman (Guardians of the Galaxy) e Alex Hirsch (Gravity Falls). A Smith pola súa banda poderémo-lo ver o ano que ven en Jurassic World: Fallen Kingdom.

Deixar unha resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here