James Mangold adaptará Crenshaw

0
25

A 20th Century Fox está a desenvolver unha adaptación con acción real do clásico conto para nenos Crenshaw da escritora Katherine Applegate, gañadora do prémio Newbery.

O director de Logan James Mangold será o encargado de realizar esta longametraxe, que narra a história de Jackson, un rapaz cuxa família está a pasar por moi malos momentos. Neste punto, o seu amigo imaxinário Crenshaw, que é un gato xigante, regresa á vida de Jackson para lle ofrecer axuda e consolo.

Frederick Seton escribiu o primeiro esbozo de guión, que a Kickstart Productions producirá. Ainda non está claro cando Mangold quedará libre para poder sentar na cadeira de director, porque nestes intres aínda ten vários proxectos pendentes na súa lista.

O outro libro de Applegate para nenos, o premiado The One and Only Ivan, está nestes intres a pasar pola adaptación da Disney nunha película de debuxos animados que contará coa voz de Angelina Jolie.

Deixar unha resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here