As rapazas de Scooby-Doo terán un filme de seu

0
31

As rapazas de Scooby Doo contarán cun filme de seu nunha precuela con acción real que se enfocará nos persoaxes de Daphne e Velma, as membros femininas da equipa de Mystery, Inc.

A Omega Underground trouxo as primeiras novas deste proxecto, que irá directo ao mercado de DVD e Vídeo Baixo Demanda e que contará co protagonismo de Sarah Jeffery (Shades of Blue) no papel da rúbia Daphne e Sarah Gilman (Last Man Standing) coma a estudosa Velma.

O proxecto, que xa está en rodaxe, ambienta-se nun intre no que os persoaxes eran aínda adolescentes, antes de que se uniran a un can que fala, un musculoso aburrido e mais un drogata sempre famento. A parella coñeceu-se online, fan-se amigas cando Daphne chega ao instituto de tecnoloxía de Ridge Valley e xuntas comezan a resolver crimes.

O mistério a resolver será saber por que algúns dos millores estudantes do instituto están a desaparecer, reaparecendo mais tarde coma zombis. O selo de Ashley Tisdale e mais Jennifer Tisdale, a Blondie Girl Productions, será o responsábel do proxecto, que a Warner Bros. Home Entertainment lanzará o ano que ven.

Deixar unha resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here