A canle de vídeo baixo demanda Netflix ven de se facer cos dereitos para emitir a primeira tempada (composta por dez episódios) de Nightflyers, segundo revelou o autor George R. R. Martin, quen escribiu a novela curta orixinal en 1980 na que se basea a série e que ademáis será o produtor executivo da mesma.
A história vai sobre a viaxe dunha tripulación de exploradores espaciais a bordo da nave mais avanzada da galáxia, o Nightflyer, para interceptar unha nave alieníxena que podería ser a clave da supervivéncia da Terra.
Cando a tripulación se achega ao seu destino, descobren que a intelixéncia artificial da nave e o seu nunca visto capitán poderían estar a conduci-los cara uns sinistros e innomeábeis horrores que se agochan na escuridade do espazo.
Daniel Cerone será o showrunner mentres ca Jeff Buhler escribiu o piloto da série que se rodará en Irlanda. Nightflyers ten a intención de debutar a finais de xullo na Syfy nos Estados Unidos e na Netflix para o resto do mundo.