Ryan Reynolds, de amarelo

0
25

Ryan Reynolds ven de se facer co papel principal de Detective Pikachu, o vindeiro filme que adaptará ao cinema con acción real a franquía de Pokémon para a Legendary Entertainment.

Reynolds usará tecnoloxía de captura de movementos para interpretar á creatura amarela, que terá unha “peculiar fasquía baseada en Pikachu, un investigador cun xeito de seu que é bó atopando cousas”. Úne-se asemade a Justice Smith e Kathryn Newton neste filme no que o pai do persoaxe de Smith é secuestrado, o que levará a que os dous tenten atopa-lo xuntos. Newton será unha xornalista relambida que os axuda na súa busca.

Rob Letterman dirixirá este filme a partir dun guión de Nicole Perlman e Alex Hirsch.

Deixar unha resposta

Please enter your comment!
Please enter your name here