A Dama da Máscara

884

A canle The CW ven de comezar o desenvolvemento dunha nova série titulada Lady in the Mask producida pola Amblin TV e mais a CBS Television Studios. Darryl Frank e Justin Falvey, que xa traballaran xuntos en The Americans, serán os produtores executivos.

Escrito por Thomas Brandon, este thriller psicolóxico está ambientado nun futuro próximo onde a xente pode facer unha cópia de seguridade da súa mente o mesmo que fan cos seus computadores. Unha muller esperta nun hospital após dun sospeitoso accidente de coche e se decata de que a súa memória resultou danada e foi restaurada a partir dunha cópia que fixera dous anos antes.

Mentres tenta regresar co seu seica namorado marido, ao seu salientábel traballo na empresa tecnolóxica da súa família e ao resto da súa vida normal, os detalles dos seus anos perdidos comezan a ir chegando e van contradicindo os uns aos outros, levándo-a a crér que está a ser manipulada por alguén próximo, que o accidente non foi tal e que ela mesma está no centro dunha conspiración moito maior. Todo elo, por suposto, se é que non está a perder a súa cordura.

Polo de agora non hai datas sobre unha posíbel estrea.