Un proxecto para os espertados

0
61

A actriz, guionista e directora Issa Rae será a produtora da nova série de televisión de ciéncia-ficción distópica The Awoken e agora tentará vender a ideia a diversas canles e servizos de streaming a través da súa compañía, a ColorCreative TV. Polo de agora só existe unha presentación duns dez minutos que foi exhibida hoxe perante diversos médios interesados.

O proxecto, que conta cun guión de Katelyn Howes, vai sobre Alabine Rivers, unha adolescente que é resucitada do estado de preservación crioxénica no que se atopaba en 2103, nun mundo moi distinto ao que deixou atrás. Rivers é obrigada a se unir a unha rede clandestina de rebeldes que loitan polos dereitos humáns básicos dos Awoken (os espertados), outros que coma ela foran conxelados e logo resucitados.

Todos eles están a ser perseguidos sen piedade por un réxime que restrinxiu os avances científicos e a tecnoloxía e que devolveu ao país a unha distopía agrária.

Issa Rae é ademáis a creadora e protagonista do popular programa de YouTube Awkward Black Girl.