O filme The Fall, de Tarsem Singh, levou onte o prémio á millor película do Festival de Cinema de Sitges, ainda que Rec, dos españois Jaume Balagueró e Paco Plaza, foi a gañadora moral ao se levar os Prémios á Millor Actriz e ao Millor Director, o da crítica e mais o do público.
A película gañadora da sección competitiva Fantàstic do festival, The Fall, exhibiu-se en Sitges o primeiro día de proxeccións e é a segunda longametraxe de Singh, un realizador de vídeo-clips nacido na Índia en 1961.
Rec levou dous prémios da sección competitiva Fantàstic e está dirixida polo catalán Jaume Balagueró e mais o valenciano Paco Plaza e a sua protagonista feminina é Manuela Velasco.
O filme español acadou tamén o Grande Prémio do Público e mais o da Crítica, ademáis dunha mención especial do prémio Meliès d’Argent, o galardón europeo ao millor cinema fantástico.
O filme xaponés Sukiyaki Western Django, de Takashi Miike, acadou tamén dous prémios, o do Millor Deseño de Produción e a Millor Fotografía.