A Warner Brothers ven de confirmar as piores espectativas ao respeito da Liga da Xustiza, filme cuxa produción ficará adiada “sine die” por mor da folga de guionistas.
A Warner deixou que caducaran as opcións que tiña sobre o xove reparto de protagonistas que elixira o director George Miller para interpretar aos heroes da DC Comics. Os estudos, que tiñan coma prazo máximo o pasado 15 de xaneiro para dar a luz verde de saída ao proxecto, confirmaron que este ficará suspendido sen data de reanudación. Como moi cedo, o proxecto non será retomado até finais de verán ou comezos de outono.
Aos membros do reparto informaron-lles da decisión o pasado martes, decíndo-lles que a opción sobre os seus dereitos non ía ser exercida, pero que os estudos están decididos a rodar o filme contando con eles. Iso si, antes de que iso aconteza, haberá que resolver unha série de problemas.
As razóns dos estudos incluiron non só a folga, senón que non acadaran a exención de impostos que solicitaran para a rodaxe en Austrália. E ademáis, que ainda que aos executivos lles gustara o guión de Kieran e Michele Mulroney, era preciso traballalo un pouco máis, cousa que xa non será posíbel.
No reparto estaban confirmados Adam Brody coma Flash, Armie Hammer Jr. coma Batman e Megan Gale coma Wonder Woman.