A nova franquía de Star Wars xa é rendíbel

824

Cando hai cinco anos a Walt Disney Pictures entregou un cheque por máis de 4.000 millóns de dólares a George Lucas para lle comprar a Lucasfilm, moitos dixeron que sería o fin da Disney e que a cifra era totalmente disparatada. Agora, após de só tres semanas da estrea de Star Wars: The Last Jedi, que xa leva case 1.000 millóns recadados en todo o mundo, xa está claro que o negócio saíu-lles redondo.

Se temos en conta tan só a recadación dos filmes Star Wars: The Last Jedi, Rogue One: A Star Wars Story e Star Wars: The Force Awakens, entre os tres xa sobrepasaron os 4.000 millóns no despacho de billetes, o que fai que o prezo de adquisición da Lucasfilm estea compensado cos benefícios.

Por suposto, ese número non ten en conta os marxes das salas de cinema nin os centos de millóns utilizados para producir e publicitar os filmes, pero tampouco inclúe os mais ca lucrativos mercados secundários: o merchandising e mais os parques de atraccións.

En todo caso, e cando levamos menos dun mes da estrea da terceira película de Star Wars producida pola Disney, The Force Awakens leva mais de 2.000 millóns de dólares recadados, Rogue One mais de 1.000 millóns e Last Jedi a punto de sobrepasar a Rogue One.