A canle Syfy ven de anunciar que o 21 de marzo de 2018 será a data de estrea da súa nova série Krypton, unha precuela de Superman ambientada no seu planeta natal dúas xeracións antes da destrución do lendário fogar do Home de Aceiro. O protagonista é o avó de Kal-El, Seg-El (Cameron Cuffe), quen loita por redimir a honra da súa casa e salvar ao seu mundo do caos.