Kiernan Shipka é a nova Sabrina

1071

A actriz de Mad Men e Feud Kiernan Shipka ven de se facer co papel principal da bruxa adolescente Sabrina dos cómics de Archie para a vindeira série da Netflix Sabrina.

Shipka interpretará a Sabrina Spellman, unha poderosa e ás veces imprudente rapaza que é médio humán e médio bruxa e que está a escomezar a súa educación coma feiticeira. Ao mesmo tempo, tenta manter unha vida normal coma estudante de segundo ano no instituto Baxter.

As canles ABC e The CW emitiran entre 1996 e 2003 unha série baseada no mesmo persoaxe con acción real, pero a nova versión da Netflix está inspirada pola súa banda no cómic Chilling Adventures of Sabrina, que ten unha orixe distinta para o persoaxe e narra unhas aventuras mais sinistras e moito mais macabras.

Mália que os vencellos son evidentes entre esta série e mais Riverdale (mesmos produtores executivos, mesma orixe nos comics de Archie) esta non será un spin-off e terá argumentos, persoaxes e un universo de seu. Riverdale é emitida tamén pola Netflix con grande éxito, o que convenceu aos directivos a se facer cos dereitos de Sabrina, até agora no poder da canle The CW.