Ridley Scott está en conversas para se encargar de dirixir The Merlin Saga para a Walt Disney Pictures xunto coa súa compañía, a Scott Free.
A gañadora do Oscar pola triloxía de The Lord of the Rings Philippa Boyens escribiu o guión, baseándo-se nos libros dos anos 90 de T.A. Barron, que van sobre a vida do xoven meigo Merlín após de ser deixado por morto e abandoado na beira do antigo Gales sen memória nin nome, pero en posesión dun misterioso pdoer que o levará até unha terra estraña e enmeigada.
Este será probábelmente o vindeiro proxecto da Scott ce contará coa produción de Scott e Gil Netter.