As Crónicas do Vampiro xa teñen showrunner

1020

Confirmou-se que o produtor e showrunner de televisión Bryan Fuller (Hannibal, Dead Like Me) está a traballar nun episódio piloto para unha nova série baseada nas novelas da saga Vampire Chronicles de Anne Rice para a Paramount TV e a Anonymous Content.

A Paramount fíxo-se cos dereitos sobre os once libros da saga o ano pasado e asegurou-se a participación da mesma Rice coma produtora executiva e do seu fillo Christopher Rice coma guionista e showrunner. O venres a presidenta da Paramount TV, Amy Powell, revelou que Fuller está agora tamén vencellado ao proxecto, o que o mesmo Christopher Rice confirmou na súa conta de Facebook.

A saga de libros van sobre un nobre vampiro francés do século XVIII, Lestat de Lioncourt. O primeiro tomo fora adaptado ao cinema nun famoso filme de 1994 que dirixiu Neil Jordan e que protagonizaron Tom Cruise e Brad Pitt. Partes do segundo e do terceiro libros tamén foron combinados noutra película de 2002, Queen of the Damned, con Stuart Townsend e Aaliyah, pero xa tivo menos éxito.

O problema de Fuller é que a súa sona últimamente ven-lle mais polos proxectos que abandoa (American Gods, Star Trek: Discovery) que por aqueles nos que participa.