Verbinski tamén abandoa a Gambit

884

Novamente Gambit, o proxecto de filme spin-off dos X-Men, ven de perder ao seu director antes do comezo da produción. Neste caso, o responsábel de éxitos coma Pirates of the Caribbean e The Ring, Gore Verbinski, abandoa antes de que dea comezo a rodaxe en marzo en Louisiana.

Fontes internas afirman que Verbinski tivo que deixar o proxecto por mor de problemas de axenda e que a decisión levou-se a cabo dun xeito amigábel. O protagonista Channing Tatum continúa vencellado ao papel principal, pero non se sabe se a coprotagonista Lizzy Caplan poderá continuar.

Tatum interpreta a Gambit, un mutante de New Orleans capaz de lanzar cartas cargadas de enerxía cinética e de loitar cun bastón. A saída de Verbinski é a terceira despóis de que tanto Rupert Wyatt coma Doug Liman marcharan por distintos motivos.

A Fox ten prevista a estrea deste filme para o 14 de febreiro de 2019 e polo de agora manteñen a mesma data.