Natalie Portman, astronauta substituta

0
80

Natalie Portman podería substituír a Reese Witherspoon na vindeira película Pale Blue Dot da Fox Searchlight.

O creador de Fargo e Legion, Noah Hawley, é o director deste proxecto, que vai sobre unha astronauta de sona que, despóis de volver a casa após dunha misión no espazo, comeza a se decatar de que a súa aparentemente perfecta vida americana de ensoño ten algo que non remata de encaixar.

O filme explora a teoría de que os astronautas que pasan moito tempo no espazo comezan a perder o senso da realidade cando voltan a casa.

Witherspoon abandonou o papel protagonista o pasado mes de novembro por mor de problemas coa súa axenda de traballo, ocupada coa série da HBO Big Little Lies, pero continuará vencellada ao proxecto coma produtora xunto a Bruna Papandrea. Brian C. Brown e Elliott DiGuiseppi escribiron o guión.

A rodaxe en todo caso dará comezo en primavera cando Hawley remate coa segunda tempada de Legion.