Os Critters dan-lle outra trabada á pantalla

0
83

O servizo de streaming da Verizon, go90, ven de encargar a produción de dúas novas séries con acción real á Blue Ribbon Content, unha empresa filial da Warner Bros. Television Group.

Unha das séries será Critters: A New Binge, que adaptará á pequena pantalla os clásicos filmes dos anos 80 sobre os coñecidos monstros alieníxenas, peludos, con enormes dentes e que non lle fan noxos a comer de todo, persoas incluídas. O filme orixinal fora considerado no seu tempo coma unha imitación da franquía de Gremlins con toques de comédia sinistra.

Nesta nova entrega, os critters regresan á Terra na busca dun dos seus compañeiros, que fora abandoado hai moitos anos nunha misión anterior. Os pequenos monstros aterrizan en Burbank (Califórnia) onde desatan o pánico entre un grupo de estudantes de secundária e as súas famílias.

Jordan Rubin, Jon Kaplan e Al Kaplan serán os guionistas e produtores executivos. Rubin ademais será o director.