A Warner Bros. Pictures ven de lle encargar a John Francis Daley e mais a Jonathan Goldstein, os directores de Vacation e da vindeira Game Night, que se encarguen de Flashpoint, a nova entrega na saga de filmes no universo cinemático da DC.
O proxecto estaba paralizado mentres o seu actor protagonista Ezra Miller remataba a rodaxe da secuela de Fantastic Beasts, pero agora que a súa axenda de traballo ficou liberada e cunha nova versión do guión que tende mais cara á comédia do que se indicara nun comezo, os estudos queren que a parella de directores tome o control deste filme de superheroes baseado nos cómics de Flash.
Daley e Goldstein teñen sobre todo experiéncia no eido da comédia, xa que son ademais os guionistas da série de Horrible Bosses. O ano pasado nombergantes encargáron-se de escribir os primeiros guións de Spider-Man: Homecoming.
Para esta película informára-se previamente que vários dos membros da Liga da Xustiza poderían aparecer no filme, pero nestes intres e co novo guión xa non está tan claro.
Seth Grahame-Smith e Rick Famuyiwa estiveron en anteriores etapas vencellados a este proxecto, para o que Robert Zemeckis era o candidato millor situado até agora.