The Outpost, o novo da SyFy

0
85

A canle Syfy deu-lle a luz verde a The Outpost, unha série fantástica orixinal que reunirá á equipa formada polo produtor do filme Stargate Dean Devlin e mais o showrunner da série de televisión Stargate SG-1 Jonathan Glassner.

Os dous serán os produtores executivos do proxecto, composto por dez episódios protagonizados por Jessica Green no papel de Talon, a única supervivinte dunha raza chamada os Blackbloods. Após de que a súa vila é destruída por mercenários, ela comeza a buscar aos asasinos da súa família, e descubre de paso que posúe misteriosos poderes que deberá usar contra un fanático ditador relixioso.

Jake Stormoen, Andrew Howard, Anand Desai-Barochia, Robyn Malcolm e Kristian Nairn son os outros protagonistas. A série, que comezou a produción a pasada fin de semana en Utah, emitirá-se na canle Syfy en Europa.