As nominacións aos Oscars 2018

866

O filme fantástico de Guillermo del Toro The Shape of Water liderou con moita avantaxe as candidaturas para os Oscars deste ano, con 13 nominacións, entre elas as de Millor Película, Millor Actriz, millores actores secundários e millor guión orixinal. Blade Runner 2049 con cinco e Star Wars: The Last Jedi con catro foron pola súa banda as outras dúas grandes apostas do xénero, ainda que xa nos apartados mais técnicos.

Entre o mais salientábel, cómpre lembrar asemade que Scott Frank, James Mangold e Michael Green recebiron unha nominación ao millor guión adaptado por Logan, e que unha vez mais o mestre John Williams (por Star Wars: The Last Jedi) volve ser candidato á millor banda sonora.

A gala da 90ª edición dos Oscar celebrará-se o domingo 4 de marzo en Hollywood e será televisada este ano a 225 países do mundo.

Pola súa banda, os Prémios Razzie que distinguen ás piores películas do ano teñen esta vez moitos menos representantes do xénero fantástico ca noutros anos. Tan só as fitas Transformers: The Last Knight e The Mummy tiveron a dubidosa honra de entrar nas candidaturas. A outra película nominada foi Pirates of the Caribbean: Dead Men Tell No Tales.