Agora que The Post está rematada e mesmo disposta a recolleitar moitos prémios e Ready Player One en fase de post-produción, o realizador Steven Spielberg xa pode dirixir a súa atención cara á súa listaxe de asuntos pendentes e posíbeis filmes que dirixir. E entre eles cómpre salientar unha quinta entrega da saga de Indiana Jones. Spielberg xa considerou a posibilidade de contratar a Chris Pratt coma protagonista canda Harrison Ford. Ainda que David Koepp está a escribir o guión, a data de estrea é o ano 2020, así que non hai nada fixo.