Fresnadillo tentará arrincar a Espada da Pedra

0
68

O director español Juan Carlos Fresnadillo (28 Weeks Later, Salvation) está en negociacións para se encargar da película que versionará con actores de carne e óso o clásico da Disney de 1963 The Sword in the Stone.

O filme, que foi o derradeiro que estrearon os estudos antes da morte do seu fundador Walt Disney, está mais ou menos baseado na novela de T.H. White e foi unha versión divertida e para nenos da lenda do rei Artur, centrada no rei cando ainda era un rapazolo que estaba a ser adestrado polo meigo Merlín.

Bryan Cogman (Game of Thrones) está a escribir o guión, que producirá Brigham Taylor (The Jungle Book).

A Disney está por outra banda a traballar noutro proxecto semellante pero que non é o mesmo: o filme The Merlin Saga, dirixido por Ridley Scott e que narra o xurdimento do famoso meigo.